Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Abstract
O franquismo está no faiado da memoria. O que está nos faios non se tirou aínda
e pódese recuperar de cando en vez, sabemos que está alí aínda que non o baixemos
e mesmo podemos reciclalo. Sempre está alí á nosa disposición e só facendo
inventario poderemos saber o que é e o que vale. O franquismo é un gran descoñecido
aínda que creamos saber o que é. Vivímolo moito, está recente e, sobre todo,
herdámolo pero coñecemos pouco del en termos historiográficos. A homenaxe a
un mestre de historiadores, o profesor Barreiro Fernández optimus professor eris é
a mellor ocasión para formulármonos unha relectura do que sabemos sobre esta
etapa e propor un camiño para seguir avanzando na pescuda dun recente pasado
incómodo que vivimos e que nos vive.Universidade de Santiago de Compostela. Consello da Cultura Galega. Real Academia Galeg