research

Achegas recentes á cronoloxía do alomorfo nasal do clítico CD de 3ª persoa

Abstract

Na esfera da cronoloxía dos cambios lingüísticos, o achado de novos textos antigos representa normalmente para a lingua galega unha oportunidade, moi esperada, de descubrir novas voces, novas acepcións, novos rexistros máis recuados delas, mais son contadas as ocasións nas que, na actualidade, saen da escuridade datos que modifican substancialmente o marco cronolóxico xeral do desenvolvemento dunha mudanza lingüística de longo percorrido temporal e de proxección diató- pica complexa. De haber almoedas fi lolóxicas, sería este o tipo de datos polos que se ofrecerían as sumas máis elevadas. Canto non estarían dispostos a ofrecer os historiadores da lingua por evidencias da existencia da gheada no período medieval, por falar dun cambio emblemático

    Similar works