research

Unha homenaxe debida

Abstract

Por máis que as razóns sexan puramente administrativas, o tránsito cara á situación da jubilatio dun profesor universitario aconsella facer un alto no camiño e convocar a colegas e discípulos a unha celebración algo especial. Non se trata de palabras e músicas que leve o vento, nin de fastos propios de «paraninfos», senón de traballos e investigacións, cuxos contidos han de ficar para o porvir. Esta foi a idea que nos moveu, a persoas e institucións das que de contado se falará, para elaborar este libro-homenaxe ao profesor Xosé Ramón Barreiro Fernández. A iniciativa foi ben doada, pola disposición que todos os participantes amosaron para contribuíren ao que se lles demandaba. E os resultados á vista están, nestes dous volumes que serán por tempo punto de referencia para a historia da cultura galega, nomeadamente da súa época máis recente. A idea de facer este libro partiu en primeira instancia do Departamento de Historia Contemporánea e de América, daquela dirixido pola profesora María Xesús Baz Vicente, quen puxo todo o seu empeño persoal para que esta iniciativa fose partillada pola propia Universidade de Santiago de Compostela e por outras institucións. Por esta razón se sumaron á preparación e edición desta obra, institucións nas que o profesor Barreiro tivo e segue a ter especial presenza, como son o Consello da Cultura Galega e a Real Academia Galega

    Similar works