thesis

Papel de la Endoglina y del sistema central GLP-1 en la homeostasis energética

Abstract

A endoglina é unha proteína que está altamente expresada nas rexións proliferantes do endotelio vascular, e actúa como receptor accesorio do factor de crecemento transformante b (tgfb), e a súa presenza vai a reducir os efectos inhibidores do tgfb sobre a proliferación celular. A carencia de endoglina resulta letal, pero a ausencia parcial produce a aparición de patoloxías.caracterizadas por malformacións nos vasos sanguíneos ademáis estes individuos presentan alteracións na expresión de unha gran cantidade de xens relacionados co metabolismo e a homeostase enerxética, polo que o estudo dos efectos debidos á ausencia parcial para a endoglina en animais obesos, resultando potencialmente interesante para o coñecemento dos mecanismos que regulan á obesidade. O glp-1 é un péptido producido no intestino delgado e que actúa aumentando a secreción de insulina e reducindo a de glucagón, tamén e capaz de reducir a inxesta e o peso de forma significativa, todas estas accións fan del un candidato ideal como fármaco antiobesidade, os tratamentos con glp-1 non son efectivos debido a que presenta una vida media no sangue moi corta xa que vai ser eliminado proteolíticamente pola acción da dipeptidil peptidasa iv. a raíz de este fenómeno foron aparecendo unha serie de análogos de glp-1 os cales presentan vidas medias máis elevadas. Os tratamentos con análogos de glp-1 utilizanse actualmente para paliar los efectos da diabete de tipo 2. Dentro de estes análogos destaca liraglutide que se caracteriza por ser capaz de mellorar a glicemia ademáis de levar asociada unha perdida de peso, os mecanismos de este proceso non son coñecidos na actualidade. Tampouco son coñecidos os efectos que se producen no cerebro como resultado do tratamento con liraglutide

    Similar works