Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Abstract
Titulación: Licenciatura de Física -- Materia: Dispositivos OptoelectrónicosOs optoelectrónicos son dispositivos de base electrónica que emiten, modulan ou detectan
radiación óptica, i.e. radiación electromagnética ultravioleta, visíbel ou infravermella. A maior parte deste tipo de dispositivos están baseados en semicondutores inorgánicos, se ben é posíbel que nun futuro os semicondutores orgánicos pasen a desempeñar un papel máis importante.
Nesta unidade introdúcense unha serie de conceptos relacionados coa radiación
electromagnética, imprescindíbeis para o estudo dos dispositivos optoelectrónicos, e que ou ben non foron estudados noutras materias da carreira de física, ou ben o foron desde unha perspectiva moi afastada da necesaria para o estudo destes dispositivos.Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüístic