Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Abstract
Titulación: Grao en Odontoloxía -- Materia: Anatomía HumanaO sistema articular e muscular humano é unha unidade didáctica incluída no módulo de Aparello Locomotor, no que se pretende coñecer a organización xeral, as variedades morfolóxicas e o funcionamento dos ósos,
articulacións e músculos, facendo fincapé nos que se encontran na rexión da cabeza e pescozo.
Esta unidade didáctica pretende dar a coñecer a organización xeral, as variedades morfolóxicas e o funcionamento das articulacións e músculos na rexión da cabeza e pescozo.
O módulo II de Anatomía humana engloba todos os conceptos do aparello locomotor, este módulo dividímolo en dúas unidades didácticas, unha que fai referencia ao sistema esquelético humano e outra do sistema muscular e articular humano. A unidade didáctica do sistema muscular e articular humano trata das xeneralidades e a evolución embriolóxica tanto dos músculos como dasarticulacións, así como das
articulacións e músculos específicos no ámbito da Odontoloxía.Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüístic