Con esta comunicación pretendemos contribuír ó estudo do léxico empregado polo poeta mindoniense Antonio Noriega Varela (1869-1947) na súa producción literaria. Limitámonos á súa obra D’o Ermo, libro central da súa creación poética, e para a nosa análise seguímo-la última edición feita baixo a responsabilidade do propio poeta: D’o Ermo, Tip. La Voz de la Verdad, Lugo, 1946, 4ª ed. coa que se corresponden, polo tanto, as indicacións de páxina e verso ou versos que aparecen ó lado de cada palabra ou contexto. Non pretendemos facer unha análise exhaustiva de todo o corpus léxico da obra. O obxecto do presente traballo é a caracterización do léxico co que Noriega fai referencia á montaña, tema recorrente na súa obra