research

Ecuacións diferenciais: resolución e aplicacións a problemas en Bioloxía

Abstract

Titulación: Grao en Bioloxía -- Materia: Matemáticas para BioloxíaA unidade didáctica enmárcase dentro dos contidos relativos á materia de Formación Básica Matemáticas para Bioloxía, de 6 créditos ECTS impartida no primeiro semestre do primeiro curso do Grao en Bioloxía. Esta materia, como parte da Formación Básica da Rama de Ciencias que a titulación oferta en primeiro curso, pretende, por unha banda, que o alumnado afiance ou desenvolva as destrezas fundamentais en relación ao cálculo infinitesimal básico. Ademais, propicia unha toma de contacto co modelado de certos problemas de interese no ámbito da Bioloxía por medio de ecuacións diferenciais ordinarias, proporcionando algunhas técnicas sinxelas de resolución dos modelos formulados para a obtención de conclusións sobre os fenómenos concretos de estudo. Na unidade didáctica que se desenvolve, preséntanse os diferentes conceptos e técnicas relativos a unha introdución ao estudo das ecuacións diferenciais ordinarias de xeito detallado e apoiándose no estudo desenvolvido con carácter previo en relación aos conceptos básicos das funcións reais dunha e varias variables reais, e do cálculo diferencial e integral traballados nas unidades precedentes, nas que se afondará dada a diversidade nos coñecementos previos do alumnado. A formación proporcionada pola unidade en concreto (e pola materia en xeral) resulta fundamental na formación dos graduados en Bioloxía independentemente da súa orientación profesional posterior, pola súa contribución ao desenvolvemento da capacidade de razoamento e da capacidade de interpretar datos e obter conclusións, e está relacionada coas seguintes competencias xerais (RD 1393/2007 de 29 de outubro): - Reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes,obter conclusións e emitir informes razoados en problemas relacionados coa Bioloxía. - Aplicar tanto os coñecementos teórico-prácticos adquiridos como a capacidade de análise e de abstracción na definición e formulación de problemas e na busca das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais. Os contidos da materia corresponden co ámbito de competencias Coñecementos instrumentais, destrezas e habilidades, que inclúe outras competencias específicas encamiñadas a acadar as competencias xerais: Matemáticas e estatística aplicadas á bioloxía, Principios físicos e químicos da bioloxía, Técnicas básicas en bioloxía, Informática aplicada á bioloxía, Dirixir, redactar e executar informes e proxectos en bioloxía, Bases de lexislación, economía e xestión e Realizar servizos e procesos. Dentro da competencia específica de Matemáticas e Estatística aplicadas á Bioloxía,atopamos as dúas materias Matemáticas para Bioloxía e Bioestatística(materia Básica de 6 créditos impartida no segundo semestre do primeiro curso).Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüístic

    Similar works