thesis

Introdución ao cálculo de probabilidades

Abstract

Titulación: Grao en Matemáticas -- Materia: Elementos de probabilidade e estatísticaA unidade didáctica Introdución ao cálculo de probabilidades forma parte da materia, de 6 créditos ECTS, Elementos de Probabilidade e Estatística. É unha materia de primeiro curso do grao en Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela. A materia, que forma parte do módulo de Estatística e Probabilidade, impártese no primeiro cuadrimestre do curso a estudantes que, maioritariamente, acceden á Universidade por primeira vez. A formación básica en contidos de probabilidade e estatística destes estudantes é, polo tanto, moi variable, dependendo fundamentalmente do itinerario que estes seguiran durante o bacharelato. O curso consta de catro unidades didácticas. A Introdución ao cálculo de probabilidades é a segunda. Empezará despois de completar a correspondente ao análise exploratorio de datos ou estatística descritiva. O estudante ten así, neste momento algunha noción de análise de datos pero non lle foi presentada formalmente o estudo matemático dos fenómenos aleatorios. Despois da introdución ao cálculo de probabilidades que se fai na unidade aquí desenvolvida, continúan dúas unidades didácticas máis(variables aleatorias e principais modelos de probabilidade) que farán uso dos conceptos introducidos na segunda unidade. Será, por tanto, fundamental que o estudante acade os obxectivos propostos nesta unidade didáctica para ter éxito nos obxectivos do resto de unidades didácticas. A unidade didáctica de Introdución ao cálculo de probabilidades é o primeiro contacto do estudante coa probabilidade dentro dos seus estudos universitarios no grao de Matemáticas. A unidade didáctica é necesaria para introducir ideas fundamentais para o resto das unidades didácticas da materia, así como para as materias de Probabilidade e Estatística e Inferencia Estatística do módulo de Estatística, probabilidade e investigación operativa do grao de Matemáticas.Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüístic

    Similar works