research

Tratamento dos datos analíticos

Abstract

Titulación: Licenciatura en Química -- Materia: Química Analítica IIEsta unidade didáctica é a primeira toma de contacto do alumnado co estudo do tratamento dos datos analíticos e a comprobación da súa calidade. Este estudo poderase completar máis adiante dentro do programa desta materia cando se presente o resto dos parámetros de calidade dos métodos analíticos. A importancia deste tema radica en que unha vez obtidos os datos analíticos, o primeiro aspecto que se ten que considerar é a verificación da calidade dos mesmos en termos de exactitude e precisión. A presenza ineludible de erros aleatorios impón o concepto de variabilidade dos datos, e obriga ó tratamento estatístico dos resultados co fin de estimar a fiabilidade e a robustez do método analítico. Ademais, a análise non se pode considerar finalizada ata que os datos obtidos non sexan procesados e expresados de maneira que poidan extraer toda a información que se require para a resolución do problema analítico. Como a unidade didáctica anterior está dedicada a proporcionar unha visión global da Química Analítica centrada sobre o esquema do proceso analítico,a orde lóxica das seguintes unidades didácticas debería basearse na disposición cronolóxica das súas distintas etapas. Porén, esta unidade, que en realidade debería ser impartida ao final do programa, por ser o tratamento de datos unha das últimas etapas do proceso analítico, sitúase ao principio. A ruptura desta orde lóxica débese a un criterio práctico compartido pola xeneralidade dos docentes que imparten esta materia na nosa universidade e noutras, tanto españolas coma estranxeiras. Por exemplo, non é doado explicar a varianza asociada ó proceso de mostraxe (unidade didáctica III) se previamente non se introduce o concepto de erro, os tipos de erros e os parámetros estatísticos que se poden utilizar para avalialos. Do mesmo xeito, cando se define límite de detección e de cuantificación dun método analítico (unidade didáctica IV) será necesario explicar previamente os erros asociados á incerteza dunha determinación analítica.Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüístic

    Similar works