research

Movementos en masa

Abstract

Titulación: Máster en Medio Ambiente e Recursos Naturais -- Materia: Xeoloxía AmbientalO programa que se presenta está especificamente deseñado para o alumnado que cursa o Máster de Medio Ambiente e Recursos Naturais, polo que se centra naqueles aspectos da Xeoloxía Ambiental que non se estudan noutras materias da titulación; por exemplo non se estuda o solo como recursos porque os alumnos cursan distintas materias desa disciplina. Dentro do programa pódense diferenciar claramente dúas partes, na primeira estúdanse os recursos (unidades II a IV) e na segunda os riscos (unidades V a IX)xeolóxicos. A presente unidade didáctica (en diante UD) encádrase na parte do programa onde se estudan os distintos riscos xeolóxicos, é dicir, aqueles fenómenos asociados a procesos xeolóxicos naturais que teñen lugar na superficie da Terra e que representan unha ameaza para a vida humana e para as súas propiedades. Nas unidades anteriores estudáronse os riscos xeolóxicos que son resultado de forzas do interior da Terra (erupcións volcánicas e terremotos) e nesta UD comezamos a analizar os resultantes de forzas externas (na superficie da Terra ou moi preto dela). Os movementos en masa constitúen un conxunto de procesos mediante os cales os materiais terrestres móvense por acción da gravidade. A maioría destes movementos teñen lugar en zonas de ladeira; pero mesmo en zonas chairas pódense producir desprazamentos, de maneira que existen poucas áreas totalmente exentas de perigo. En primeiro lugar trataranse aqueles movementos en masa non incluídos entre os corrementos de terra e a continuación centrarémonos nos corrementos de terra. Estudaranse os procesos, as consecuencias e as medidas para a prevención e a mitigación dos danos que poidan ocasionar.Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüístic

    Similar works