A tradución de Literatura infantil e xuvenil en España e a súa situación particular nas comunidades autónomas bilingües

Abstract

Despois de poñer de manifesto as diferenzas entre o lector infantil e adolescente fronte ao lector adulto, que xoga necesariamente o papel de mediador, as autoras profundizan no feito de que a identidade cultural do neno dependa da súa propia capacidade receptora e das normas impostas pola sociedade adulta. Estas circunstancias, que dan lugar a certas asimetrías, inducen o tradutor a aplicar diferentes estratexias e decisións. Condicionados por unha suposta deficiencia de capacidade receptora do lector infanto-xuvenil, moitos tradutores de LIX permítense manipular o texto orixinal de tal forma que as modificacións e adaptacións aparecen con moita máis frecuencia nesta literatura que na de adultos. Ao fío desta constatación, as autoras mostran a seguir unha ampla casuística deste tipo de comportamentos dos tradutores e botan luz sobre aquelas intervencións que poden ser aceptadas e mesmo aplaudidas polo beneficio que traen á tradución, fronte aos que inciden negativamente sobre o produto final. Con esta finalidade poñen exemplos de diversos tipos de intervencionismos: os que tentan solucionar a distancia cultural, os censores, os que pretenden elevar o estilo, os motivados por razóns de política lingüística, os de notas a rodapé e os preliminares

    Similar works