Abstract

O material educativo que contén xerouse e articulouse no marco dunha acción mancomunada dentro da Rede sobre Inmigración, Educación e Sociedade (RIES), que teño a honra de coordinar e que está composta por cinco grupos de investigación da USC e un da Universidade de Vigo. O interese operativo de todos os integrantes desta agrupación científica por reunir, baixo idéntico formato de presentación, algunhas das máis acreditadas técnicas de aprendizaxe cooperativa, ten que ver co enfoque pragmático da súa filosofía e visión sobre como proceder na mellora e, no seu caso, optimización, da xestión da diversidade cultural dende a escola e, en xeral, dende o conxunto do sistema educativo. Queremos que sirva a unha formación máis sólida en termos cívicos, ao tempo que procurando o desenvolvemento de persoas conscientes do valor estratéxico que posúen distintas formas de interactuar cando se desexa aprender ou ensanchar os lindes da coñecemento

    Similar works