Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Abstract
Titulación: Grao en Química -- Materia: Química Analítica IEsta unidade didáctica enfócase de maneira que permita proporcionar unha visión global da Química Analítica e a súa terminoloxía básica, mostrando a importancia da Química Analítica para a resolución de problemas de diversos ámbitos. Este enfoque faise sobre o esquema do proceso analítico como medio de
resolución dunha determinada problemática analítica real. Deste xeito, partindo dun esquema sinxelo, explícase o obxectivo e as distintas etapas do proceso analítico: definición do problema a resolver, selección do método máis adecuado e as operacións derivadas desta selección, toma e tratamento da mostra, medida do (ou dos) analito(s), tratamento e interpretación dos resultados experimentais obtidos, e finalízase a súa explicación coa toma de decisións. Durante a formulación e desenvolvemento do tema déixase claro que a simple determinación da composición dunha mostra non é o obxectivo principal da Química Analítica, senón que o obxectivo desta disciplina é a obtención de información útil de calidade para resolver o problema exposto que foi o que propiciou o inicio do proceso analítico.
Ademais, neste tema resáltase que o método seleccionado para realizar unha determinación analítica debe depender do tipo de información que se necesita obter, e que non sempre compensa elixir a metodoloxía máis complicada ou a máis custosa.Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüístic