Escritoras irlandesas e nación: Crónica dun desencontro

Abstract

Fronte á feminización simbólica da nación e a nacionalización da muller levadas a cabo por certos discursos nacionalistas, as poetas irlandesas actuais denuncian as institucións e ideoloxías que non garanten os seus dereitos e só entenden a muller como nai de patriotas. Dende o movemento sufraxista a inicios do século XX até a actualidade, houbo en Irlanda unha loita de intereses entre as mulleres e os discursos sobre a nación sustentados, ben no control ideolóxico exercido pola Igrexa Católica, ben no soño do celtismo ou na concepción monolítica da identidade nacional. As poetas irlandesas reproban os carices nacionalista e patriarcal da literatura nacional e reclaman outras configuracións de identidades híbridas e heteroxéneas

    Similar works