research

Socioloxía da educación e ecofeminismos: docencia e investigación

Abstract

[Resumo] Tendo en conta a necesidade dunha formación holística para a labor do maxisterio e a súa función socializadora, aproveitase o ceñecemento acumulado polos estudios ecofeministas máis recentes e as súas vinculacións cos plantexamentos vitais alternativos da soberanía alimentaria que se están a levar a cabo en “salpicadas” sociedades da xeografía do noso planeta. Dun xeito resumido poderíase decir que este enfoque ven sendo a outra posibilidade (tal vez, a outra única solución) de continuidade equilibrada da vida humán en contraste coas que plantexan as escolas de negocios e as escolas de finanzas do capitalismo intensivo das nosas sociedades. Partindo dunha perspectiva comprometida có entorno natural, coa vida real, e a urxencia da súa reestructuración para a sostebilidade propúxoselle ó alumnado de maxisterio da Facultade de Ciencias da Educación a posibilidade de permutar a avaliación a través do exámen da parte teórica da asignatura de Socioloxía da Educación por unha actividade de intervención social (en colaboración con asociación e ONGs da contorna) enraizada nos plantexamentos da vida cotiá do ecofeminismo. A experiencia foi moi positiva, tanto neste curso 2013/2014 levada a cabo de xeito másis extensivo e intensivo que no anterior 2012/2013, que tamen foi valorada de xeito moi satisfactorio, tanto pola profesora como polo alumnado, a pesar do esforzo conquerido. Este xeito de enfocar a asignatura de Socioloxía da Educación responde á necesidade de reivindicar a labor dunha pioneira do ecofeminismo doméstico: Ellen Swaloww (1842-1911), que a pesar de ser rexeitada pola Univ. de Massachusetts pola súa condición de muller para doutorarse, e dende un enfoque interdisciplinar que combinaba a química da auga e a industrial, a metalurxia e a mineraloxía así como os ceñecementos sobre os alimentos e a nutrición, foi capaz de crear un Laboratorio para ofrecer educación científica ás mulleres posto que son as que mellor e máis entenden de sostebilidade e saúde

    Similar works