research

Científicas da antigüidade

Abstract

[RESUMO] Con este traballo pretendemos documentar o esforzo dalgunhas mulleres da Antigüidade que a pesar dos inmensos atrancos, infamias e discriminacións para non permitirlles “ser” de seu, deixaron a súa pegada no quefacer científico. O fundamento ten que ver co descoñecemento que hai no mundo da cultura sobre as contribucións destas mulleres, coma se non existisen, ou non lles interesase o saber. Nada de iso. De feito, os grandes descubrimentos da historia da humanidade son das mulleres que, con paciencia e tempo inventaron e transmitiron ao clan as ideas e os feitos, dende os séculos máis antigos ata os nosos días. Dar a coñecer as súas historias de vida, esforzo e valentía é un beneficio para o mundo da ciencia

    Similar works