[Resumo] Moito se ten escrito sobre as viaxes dos chamados intelectuais, caracterizados pola súa adscrición natural ao campo das letras e as ciencias sociais, como principais axentes na construción do pensamento. Polo seu influxo directo na incorporación dos paradigmas científicos que estaban a mudar o mundo, este traballo trata de incluír os científicos que traballaron nas disciplinas das ciencias experimentais en Galicia para poñer en valor o papel que xogaron como axentes transmisores de modernidade e a súa contribución á construción do pensamento. As súas viaxes ao estranxeiro, en gran medida favorecidas pola aparición dun programa de política científica a principios do século XX, foron un elo máis da cadea da construción do pensamento que se deu no país antes da Guerra Civi