research

Eficacia do tratamento ortopodolóxico na enfermidade de Sever en nenos e adolescentes

Abstract

A enfermidade de Sever é a primeira causa de dor no talón en nenos e adolescentes de entre 8 e 15 anos. Para o seu correcto diagnóstico é importante coñecer as idades de osificación e consolidación da apófises calcánea. Considéranse factores predispoñentes todas aquelas situacións que impliquen unha solicitación alta da musculatura posterior e un alto impacto do talón. O seu diagnóstico é puramente clínico e o seu tratamento é dependente do estadío de severidade, pois hai moi pouca evidencia científica sobre cal é o tratamento máis axeitado nesta patoloxía. Está indicado o uso de ortesis plantares cunha taloneira ou unha cazoleta de talón, xunto con outras terapias como estiramentos, crioterapia e cese da actividade deportiva. Sen máis evidencias que a experiencia clínica. O obxectivo deste estudo é coñecer cal é o tratamento máis efectivo na enfermidade de Sever. A revisión bibliográfica levouse a cabo a través das diferentes bases de datos electrónicas de ciencias da saúde como a Biblioteca Cochrane, PubMed ou Dialnet entre outras, seguindo os pasos de Podoloxía Baseada na Evidencia. As referencias bibliográficas sobre a eficacia do tratamento na enfermidade de Sever son escasas. A maioría dos estudos atopados non teñen validez científica pois baséanse en experiencias clínicas ou trátase de estudos que informan sobre o éxito do tratamento pero cunha mínima información acerca dos resultados obtidos. Só un estudo demostra a eficacia da cazoleta de talón frente a taloneira, polo que debemos considerar a cazoleta como primeira opción de tratamento. Aínda que sempre debemos actuar con cautela á hora de extrapolar estes resultados á práctica clínica.Traballo fin de grao (UDC.FEP). Podoloxía Curso 2013/201

    Similar works