[Resumo]Spiranthes spiralis é unha orquídea europea con presenza no NW da Península Ibérica que diminuíu considerablemente as súas poboacións. Esta distribuída amplamente por Europa tendo unhas características propias que a clasifican como un elemento de interese para a súa preservación. En Galicia esta pouco estudada pero si a súa especie irmá S. aestivalis, que debido a súa situación precaria incita a realizar estudos de conservación deste taxon. Por unha banda examináronse as poboacións no campo a partir de referencias bibliográficas da especie e puxéronse a punto técnicas xenéticas (Secuencias hipervariables, microsatélites e AFLPs) para o estudo da variabilidade xenética das poboacións. A análise das poboacións no campo dou como resultado que un 19,23% das poboacións desapareceran fronte a un 31,25% en S. aestivalis, aparecendo 10 novas poboacións sen rexistrar. Isto reflicte a boa saúde de S. spiralis en Galicia aínda que se necesitan un maior coñecemento do seu comportamento. A filoxenia resultante do estudo das secuencias non ofrece ningunha variabilidade entre as poboacións, incluso ao incluír individuos de fóra de Galicia e da Península Ibérica, e só se visualizou unha pequena ao incorporar os gaps. As demais técnicas non mostraron unha resolución.Traballo fin de grao (UDC.CIE). Bioloxía. Curso 2012/201