[Resumo] A literatura, polo menos no caso de Galicia, é unha múltiple descuberta sobre a propia nación
negada: lingüística, histórica, socio-política... No aspecto xeográfico, a literatura utilizou a
paisaxe desde o Rexurdimento (Rosalía de Castro) dun xeito dignificador. Por outro lado,
moitos autores asociaron a súa poética literaria a unha paisaxe, a un espazo concreto, tradición
xa medieval que chega ós nosos días e que nos continúa descubrindo as múltiples realidades
(culturais, políticas, sociais...) de Galici