A conexina 43 é unha proteína amplamente distribuída en tódolos tecidos estudados, desenrolando un papel moi importante na comunicación celular. Neste traballo móstranse resultados que verifican a presenza de conexina 43 en cartilaxes articulares humanos, ademáis da existencia de proxeccións citoplasmáticas que comunican fisicamente ós condrócitos en tecido. Os resultados aquí mostrados suxiren que a Cx43 pode viaxar a través do citoplasma utilizando os microtúbulos e os filamentos de actina, alcanzando calquer punto da membrana plasmática incluidas as proxeccións citoplasmáticas. Ademáis, estudando a cartilaxe de pacientes con artrose (OA), puidemos demostrar que os condrócitos OA localizados nas capas superficiais e intermedia do tecido, teñen altos niveles de Cx43. Altos niveis de Cx43 relaciónanse con procesos inflamatorios e dano tisular noutros tecidos. No caso dos condrócitos, a IL1-ß ou altos niveis de glicosa no medio de cultivo desencadearon nun incremento da Cx43. Incrementos da proteína, non sólo afectan á actividade das canles de conexina na membrana citoplasmatica, tamén a outras actividades relacionadas ca Cx43 e que poden ocurrir de forma independente a función das canles. Moitas destas actividades modifican diferentes cascadas de sinalización celular e están relacionadas ca interacción de proteínas co dominio C-terminal da Cx43. Neste traballo utilizando co-inmunoprecipitación e espectometría de masas, identificáronse varias das proteínas que interaccionan ca Cx43 en condrócitos articulares provenientes de doadorees sanos. Traballos previos no noso grupo de investigacion demostraron que moitas das proteínas que interacionan ca Cx43 como por exemplo a alpha-enolasa ou a anexina V, están alteradas en condrócitos de pacientes con OA. Ademáis detectáronse proteínas que suxieren que a Cx43 podría estar exercendo unha función a nivel nuclear encaixando ca localización nuclear da Cx43 detectada en condrócitos en cartilaxe OA.Traballo fin de mestrado (UDC.FCS). Asistencia e investigación sanitaria. Especialidade en fundamentos de investigación biomédica. Curso 2011/201