research

Unha nova cultura forestal para a sociedade galega: o proxecto do Parque forestal de Liáns

Abstract

[Resumo] Preséntase un proxecto de Parque Forestal. O deseño e concepción do proxecto baséase no aproveitamento dunhas circunstancias favorables especiais: a existencia dunha finca de propiedade pública, xestionada pola administración forestal, situada a escasa distancia do centro de referencia para a educación ambiental en Galicia, o CEIDA, e dotada de infraestruturas e equipamentos susceptibles de uso social e educativo. Resáltase o potencial do sitio para converterse nun parque periurbano nun contexto favorable en canto á dimensión dos posibles beneficiarios e aos recursos de dinamización dispoñibles. Explórase o potencial ambiental do enclave, capaz de permitir a réplica de realidades forestais moi diversas e posuidor, ao tempo, de valores de alta calidade conservativa. En definitiva, preséntase un proxecto que ten como base crear un parque forestal periurbano con vocación de uso social, que compaxina con ese uso o carácter de equipamento ambiental de referencia para promover unha nova cultura do bosque na sociedade galega, e que pretende complementar eses dous usos coa contribución á conservación da diversidade biolóxica, ser un referente de investigación ambiental e forestal, e abrir a Galicia ao mundo a través da cooperación internacional.[Abstract] The forestry park concept is presented as a design project based on the favourable circumstances which exists on public property land and managed by forestry administration. The land in question is closely situated to the reference centre of environmental education in Galicia, CEIDA, which can provide the infrastructure and equipment necessary for social and educational use. This area has the potential to attract public interest as a periphery park and broaden the educative resources available locally. Furthermore this land has environmental potential providing both forestry replications and high quality conservational values. In summary, this project promotes the periphery forest garden as an important instrument for social and educational use, providing the environmental equipment needed to encourage the new forest culture within galician society. The oportunity value of the site is explored as a reference to biodiversity conservation and environmental forest research it is designed too, as a tool to introduce Galicia to the world prometing international cooperatio

    Similar works