research

A xestión forestal próxima á natureza como método de xestión sustentable

Abstract

A xestión forestal sostible é aquela socialmente útil, economicamente viable e ambientalmente responsable. Por ambientalmente responsable débese entender, sobre todo, manter a biodiversidade dos montes xestionados. Posto que a biodiversidade é o produto de millóns de anos de evolución, mentres que o social e o económico son concepcións humanas que poden experimentar cambios rapidamente, o mantemento da biodiversidade debería constituír o principal obxectivo da xestión forestal sustentable. A biodiversidade componse de tres atributos: composición, estrutura e función. De eles tres, a estrutura é o atributo máis doado de manexar e os xestores forestais teñen moita experiencia en facelo. Un axioma de todas as propostas de xestión forestal sustentable é que os bosques explotados deberían recrear bastante aproximadamente a estrutura presente nos bosques virxes, porque dese xeito se manterían os hábitats das diferentes especies forestais. Para conseguilo, as talas de aproveitamento madeireiro deberían imitar a mortalidade producida polas perturbacións de orixe natural. A xestión forestal próxima á natureza imita convenientemente esas perturbacións para a xeneralidade dos montes. Ademais, por se centrar en árbores individuais de calidade, resulta unha alternativa económica mellor e moi atractiva para todo tipo de montes, tamén para os bosques de pouca superficie

    Similar works