research

Orientación psicopedagóxica e órganos de goberno dos centros públicos

Abstract

[Resumo] Para que nos centros públicos poidan desenvolverse procesos pedagóxicos que presten atención á diversidade en tódalas súas dimensións e axuden ós alumnos a logra-la necesaria autodirección a partir dun completo autocoñecemento e correspondente dotación e equipamento no que respecta a habilidades sociais e de vida, cómpre que teña lugar nos mesmos unha orientación académica e profesional destinada a tódolos alumnos de conformidade cos pricipios de prevención, desenvolvemento e intervención no contexto social. Segundo datos recollidos recentemente dunha mostra de profesores titores de centros de Galicia, que deberán ser analizados con maior profundidade no futuro, pódese dicir que levar adiante un modelo de orientación como o que se propugna na lexislación vixente, non é algo que poida ser realidade únicamente coa encomenda dunha serie de funcións orientadoras ós Departamentos de Orientación, Xefes dos mesmos e titores, para que así se desenvolvan diferentes actividades de ámbito orientador que virían a engadirse ás que tradicionalmente están a face-los docentes. Introduci-la orientación nos centros conforme ó modelo de servicios internos actuando por programas, aínda que conten para facelo con apoios externos (EOE), esixe que os seus órganos de gobemo, asumindo os principios da orientación psicopedagóxica, se impliquen no deseño, aplicación e avaliación de proxectos ben dotados de contido orientador, xa que se ve como un modo totalmente acorde ca actual perfil organizativo dos centros, que desde logo contén as maiores posibilidades para que os alumnos, conforme ás súas potencialidades, melloren en materia de estratexias de aprendizaxe, hábitos de estudio, utocoñecemento, coñecemento das profesións, autoestima, habilidades sociais, de vida e de toma de decisións para a elección profesiona

    Similar works