Ante a continua perda de falantes e espazos de uso con predominancia do galego, resulta evidente que a aplicación do marco lexítimo actual non garante un lugar meritorio para a lingua propia desta comunidade. A pesar da existencia de iniciativas e recursos xeralmente illados para promover o seu uso, este artigo avoga por enfocar o galego dende una óptica reflexiva, apoiada en iniciativas independentes e a coordinación de actores dentro da nosa comunidade. En concreto, faise un chamamento explícito á coordinación activa das universidades galegas para liderar un proceso de posta en valor e uso activo do galego en varios eidos na súa co-existencia co castelán e outras linguas