research

Evidencias do cambio climático na hidrografía e a dinámica das rías e da plataforma galega

Abstract

16 páginas, 9 figuras, 3 tablas[EN] This study is focused on multidecadal-scale variations of the hydrographic and hydrodynamic features of Rías and shelf waters off Galicia. Water masses take, through their thermohaline characteristics, a footprint of the climatic variability, mainly caused by changes either in the hydrological budget (precipitation, evaporation, runoff), in heat exchange and wind stress. In this study we focus in the evidences of change in the surface and sub-surface water mass characteristics. Regarding surface water masses, a significant warming during the last 45 years has been noticed, at a rate of 0.17 ºC/ decade. This warming was especially intense from the 1970’s, 0.27 ºC/decade. The tendency is opposite in subsurface waters, but it only takes into account data from the last 15 years. Regarding hydrodynamics, because of its strong influence in the renewal time of the Rías and consequently in their living resources, a study of decadal changes in the estuarine circulation of the Rías de Vigo and Arousa has been made. Results showed a progressive decay in the estuarine circulation, which causes an increase of renewal times. On the other hand, indirect evidence of a possible deceleration of the winter Iberian Poleward Current (IPC) are reported. This slow down is partially caused by a decrease in the meridional (N-S) temperature gradient off the Iberian coast. Nevertheless, the fall of the meridional gradient is not clear because it has been inferred from surface waters. On the contrary, IPC seems to be intensified by the increasing southerly autumn winds, although it appears weakened by the decreasing southerly winter winds. Thus, the overall effect of the CIP is still uncertain. Finally, a study of sea level and wave changes on the Galician coast has been made. An increase of (2-2.5 cm/ decade) in the sea level as well as a decrease in the wave height (3 cm/decade) has been reported, but in this last topic results are not significant[GA] Este estudo centrarase en determinar as variacións que ocorren a escalas multidecadais nas características hidrográficas e hidrodinámicas das augas das rías e da plataforma fronte a Galicia. As masas de auga reciben a través das súas características termohalinas unha pegada das alteracións climáticas, principalmente a causa de cambios no balance hidrolóxico (precipitación, evaporación, achegas continentais), do intercambio de calor e da acción do vento. Neste estudo analizaremos as evidencias de cambio nas características das masas de auga superficiais e subsuperficiais. Nas primeiras detectouse quentamento de xeito significativo nos últimos 45 anos a unha taxa media de 0,17 ºC por década, especialmente intenso desde hai 30 anos, 0,27 ºC por década. Nas augas subsuperficiais a tendencia é a inversa, aínda que só se conta con datos dos últimos 15 anos. En canto á hidrodinámica, e pola súa forte implicación nos tempos de renovación da ría e, polo tanto, nos recursos mariños que viven nela, fíxose un estudo sobre os cambios na circulación estuárica das rías de Vigo e Arousa nas últimas décadas. Os resultados amosan un descenso paulatino a longa escala temporal da circulación que causa un aumento dos tempos de renovación. Por outra banda, achéganse evidencias indirectas dunha posible ralentización da corrente invernal cara ao Polo (CIP) causada por un descenso no gradiente meridional (N-S) de temperatura fronte ás costas ibéricas. Non obstante, o descenso do gradiente meridional non está claro, pois induciuse só a partir de datos superficiais. Ademais, a propia CIP amosa estar intensificada pola maior intensidade dos ventos sur no outono e debilitada polo descenso dos ventos do sur no inverno, polo que o efecto global na CIP é aínda incerto. Por último, faise un estudo dos cambios do nivel do mar e da ondada nas costas galegas que amosa un aumento daquel (2-2,5 cm/década) e un descenso desta (3 cm/década), aínda que no caso da ondada os resultados non son concluíntesPeer reviewe

    Similar works