Evolución histórica da implantación dos videoxogos na sociedade ourensá dende os anos oitenta ata a actualidade

Abstract

Os últimos cincuenta anos veñen marcados por cambios importantes no ocio dos e das adolescentes, definidos fundamentalmente pola incorporación da tecnoloxía nas súas prácticas, e en particular pola introdución dos videoxogos. Estímase que en España o 80 % dos nenos/as de entre 6 e 10 anos e o 78 % de entre 11 e 14 anos xogan a videoxogos habitualmente (Asociación Española do Videoxogo –AEVI–, 2019). O obxectivo desta investigación foi identificar e describir os cambios nos patróns (tempo e actividades) do uso do tempo libre e do lecer dos e das adolescentes de 12-18 anos ourensáns, dende a introdución dos videoxogos a partir dos anos oitenta ata a actualidade. Para dar resposta formulouse un estudo dende un enfoque metodolóxico cualitativo, recorrendo á entrevista como principal instrumento de recollida de datos. Os resultados evidencian un incremento na cantidade de tempo dedicada aos videoxogos, que pasou de ser unha actividade complementaria a outras, a estar moi presente, así como un cambio no tipo de videoxogos empregados, que pasan de ser xogos máis sociais, onde se xoga en persoa, a xogo en liña. Ponse en valor algunhas das virtualidades do uso dos videoxogos (desenvemento de habilidades cognitivas e motoras), aínda que sobre todo destacan os perigos asociados: adicción, illamento social, competitividade e consumismo. Finalmente, tamén se aprecia unha marcada división sexo/xenérica en relación tanto coa práctica coma coa representación que mostran os videoxogos. Estes resultados son de gran relevancia para implementar políticas socioeducativas

    Similar works