Visións competitivas de conectividade no contexto da Iniciativa Belt and Road : o desenvolvemento de infraestructuras en Indonesia

Abstract

Traballo de Fin de Grao en EconomíaAs necesidades globais de investimento en infraestructuras corren o risco de quedar sen ser materializadas. Asia é unha das rexións cun maior déficit de infraestructuras. As necesidades de cada país son diferentes, así como o seu modelo de desenvolvemento. Nese contexto, Belt and Road Initiative (BRI) foi anunciada polo presidente chinés Xi Jinping no ano 2013, coa idea de conseguir unha maior integración rexional e conectar o supercontinente Euroasiático. China, polo tanto, presentou un novo modelo de liderazgo. A súa vez, os países da rexión seguen os seus propios intereses, servindo ademáis de contrapeso ás intencións chinesas. As diferentes visións e as escollas finais dos diferentes países determinarán se finalmente as necesidades se financian con investimento público ou privado e o maior multilateralismo ou bilateralismo das relacións económicas e comerciais. Por outro lado, hai unha tendencia dos países receptores a intentar aproveitarse da competencia, e da búsqueda do equilibrio entre colaboración e competición entre os países activos nas propostas. Nese contexto, a cercanía vai ser cada vez máis relevante económica e estratéxicamente. No caso de Indonesia, o país ten unhas necesidades de infraestructuras elevadas. Estáseguindo un modelo cun papel elevado do sector público, que encaixa coa proposta chinesa, pero que mantén os problemas en termos de eficiencia. A nivel internacional, intenta aproveitarse da competencia, especialmente entre Xapón e China, e aumentar as relacións co resto do mundo a nivel comercial

    Similar works