research

Algunhas reflexión sobre as representacións sociais do cambio climático. Suxestións de cara á comunicación

Abstract

[Resumo] Este artigo é o resultado dunha investigación sobre as representacións sociais a respecto do cambio climático. Creáronse tres grupos de discusión, dous urbanos e un rural, na procura de coñecermos o discurso da cidadanía de ambos os sexos, en dúas xeracións de idade (mozos adultos e adultos mozos) de que a identidade, os valores e o estilo de vida non se definen a priori por ser o ambiental un aspecto dominante. As conclusións amosan un consenso canto á importancia e urxencia de actuar sobre o cambio climático, a aceleración deste como consecuencia da acción do ser humano e a maior responsabilidade dada aos gobernos e ás empresas. Os obstáculos ao cambio de actitudes e comportamentos van desde o sistema produtivo e a sociedade de consumo até o ritmo de vida, a comodidade e a falta de concienciación, de información e de control do cumprimento da lei. A ambivalencia que liga os obstáculos e as solucións é permanente ao longo de todos os discursos, así como o peso dado aos fillos e o que isto implica, e a transcendencia da cultura da reciclaxe e da auga como algo asentado. Finalmente, presentamos unhas breves propostas para avanzarmos, tanto no coñecemento como na acción.[Abstract] This article is the result of a research on social representation due to climate change. Three discussion teams were created, two were urban and one rural, so that both male and female citizens, youngsters and adults could discuss on the fact that identity, values and life style “a priori” are not defined on the basis of environment. The conclusions reached, highlighted the importance of urgent action on climate change, its increasing rate due to human society and the need for greater responsibility for governments and enterprises. Production system, consumer society, pace of life, commodity and lack of awareness, information and law reinforcement are all obstacles to changing attitudes and society customs. The ambivalence on obstacles and solutions is evident throughout the discussions, as well as the importance given to children and the well-established recycling and water culture. Finally, some proposals are presented in order to make progress on understanding the issues and the actions required

    Similar works