Abstract

Coa presentación deste volume, damos comezo a unha nova colección monográfica con vocación de continuidade que, baixo o título de philtáte, dará cabida no futuro á publicación de estudos inéditos sobre a antiga Callaecia e a propia Lucus Augusti. Tal e como os responsables do coloquio e editores científicos destas actas explican no prólogo, escolleron este título por ser o nome dunha escrava turinesa asentada na cidade lucense e cuxa inscrición funeraria, da que intencionadamente foron borradas algunhas liñas, se conserva no Museo Provincial de Lugo. Entenden os promotores da colección que o nome simboliza os obxectivos que se queren acadar con esta iniciativa: a apertura da cidade ao mundo e a mellora no coñecemento dun período de incomparable importancia para o asentamento e formación da cidade de Lugo, do territorio que hoxe é a súa provincia e da Galicia que hoxe coñecemos; un traballo que obriga a unha reinterpretación constante dos datos e un enorme esforzo de investigación e divulgaciónEste volume foi realizado dentro do Proxecto de Excelencia de I+D+i do Ministerio de Economía e Competitividade «As fundacións urbanas de Callaecia e a creación dun novo espazo administrativo» (HAR 2014-51821-P

    Similar works