20 research outputs found
A experiencia da viaxe e o intelectual de preguerra
[Resumo] Visamos alargar a semántica convencional da viaxe e da literatura de viaxes para a adaptar con máis eficacia ao contexto galego das primeiras décadas do século XX. Distinguimos, por isto, entre viaxe masivo-forzosa (a emigración) e viaxe voluntario-propositada (a da minoría intelectual do tempo). O ponto de encontro será a viaxe centrípeta, de volta ao país, para o considerar centro e destino da obra realizada. Risco, Castelao, Otero Pedraio representan exemplos senlleiros desta anagnórise, e unha parte substancial da súa obra así o vai reflectir. Ambos procesos, en fin (a conciencia da Galiza adquirida na emigración e a viaxe de retorno á Galiza), obrigan a reconceptualizar a existencia das convencionalmente chamadas dúas Galizas, a territorial e mais a da diáspora, para estabelecermos a divisoria –tanto dentro como fóra dela– en torno á identidade sentida e querida como tal. A distancia, pois, non é xeográfica, senón anímica, actitudinal e política
O Cardeal Payá y Rico e Rosalía de Castro
[Resumo] O día 23 de Febreiro de 2024 –187 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro– tivo lugar no Museo Provincial de Lugo –organizado por este centro e mais pola
Deputación Provincial– un coloquio, dentro do rubro “Diálogo de saberes” arredor
da nosa escritora fundacional. Participaron nel o historiador Simón Vicente López e
as profesoras da Universidade da Coruña Carme Fernández Pérez–Sanjulián e María
Pilar García Negro, acompañados do retrato do Cardeal Payà, traído desde o Pazo
de Tor, onde se encontra e pode ser contemplado, xunto con todas as dependencias
deste relevante monumento históric
Political and Media Use of Sociolinguistic Concepts in the Current Language
[Resumo] Todo avanzo efectivo no proceso de normalización dunha lingua nacional submetida ao dominio da oficial estatal vai estar sempre acompañado-combatido por un arsenal semántico-terminolóxico que visa destruílo ou neutralizalo. A estratexia da imposición das linguas consideradas indiscutíbeis nas súas prerrogativas dotarase de tácticas diversas, adaptadas ao momento histórico e á súa maior eficacia divulgativa. Nesta operación da neoimposición das linguas estatais, utilízanse conceitos ou expresións que non se compadecen coa orixe histórica nen coa realidade sociolingüística. Interesa, pois, analisar a utilización xurídico-política —e a súa derivada mediática— de nocións como lingua común, conflito lingüístico, inmersión, plurilingüísmo ou normalización. Referímonos, en concreto, ao marco español, e ás linguas nacionais que del dependen: galego, éuscaro, catalán. A cuestión das linguas —o seu uso xeral, os seus dereitos, a súa existencia, en definitiva— está intimamente unida ao recoñecemento ou non dos povos, das sociedades a que pertencen. É, pois, unha cuestión esencialmente política, en que está en xogo a admisión ou non —en igualdade democrática e horizontal— de nacións que non posúen institucións estatais ao seu servizo. Na fase actual de capitalismo globalizado, dereitos democráticos teoricamente proclamados fican en entredito pola imposición de facto das linguas que contan de vello cunha maquinaria potente de implantación e consolidación social e pública. A título de exemplo significativo, sinalamos o incumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, recoñecida como paralexislación polo Estado español en 2001 ou da Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos, aprobada por unanimidade polo Congreso de Deputados español e polos Parlamentos galego, basco e catalán en 1996[Abstract] Any effective progress in the process of normalizing a national language subject to the mastery of the state official one will always be accompanied-fought by a semantic-terminological arsenal aiming to destroy or neutralize it. The strategy of imposing the languages considered indisputable in their prerogatives will be endowed with diverse tactics, adapted to the historical moment and to its greater divulging effectiveness. In this operation of the neo-imposition of state languages, concepts or expressions are used that do not sympathize with the historical origin or with the sociolinguistic reality. It is, therefore, interesting to analyze the legal-political use —and its media derivative— of notions such as common language, language conflict, immersion, plurilingualism or normalization. We refer, in particular, to the Spanish framework, and to the national languages depending on it: Galician, Basque, and Catalan. The question of languages —their general use, their rights, their existence, in short— is closely linked to the recognition or not of the peoples, of the societies to which they belong. It is, therefore, an essentially political issue, in which the admission or not —in democratic and horizontal equality— of nations that do not have state institutions at their service is at stake. In the current phase of globalized capitalism, theoretically proclaimed democratic rights are being called into question by the de facto imposition of languages that have long had a powerful machinery for social and public implantation and consolidation. As a significant example, we point out the non-compliance with the European Charter for Regional or Minority Languages, recognized as para-legislation by the Spanish State in 2001 or the Universal Declaration of Linguistic Rights, approved unanimously by the Spanish Congress of Deputies and the Galician, Basque and Catalan Parliaments in 199