25 research outputs found

    Firmes e conservación de vías

    Get PDF
    Titulación: Grao en Enxeñaría Civil -- Materia: Deseño e Construción de Obras LineaisEsta unidade didáctica serve de peche ao primeiro módulo da programación da materia “Deseño e Construción de Obras Lineais” do segundo curso do Grao en Enxeñaría Civil, que se dedica a sentar as bases da enxeñaría de estradas. No primeiro tema do módulo (UD1) preséntanse os conceptos básicos da enxeñaría do tráfico necesarios para poder abordar o deseño xeométrico, a construción e a conservación dunha estrada. A continuación, no segundo tema (UD2), estúdanse os conceptos fundamentais, as bases teóricas e os condicionantes normativos do deseño xeométrico ou trazado dunha estrada. Analízanse, un por un, os diversos aspectos do proceso de deseño: trazado en planta, trazado en alzado, coordinación entre planta e alzado, e sección transversal. Os seguintes dous temas dedícanse ao estudo da infraestrutura dunha estrada. En primeiro lugar, preséntanse as obras de explanacións (UD3). Neste tema trabállanse, entre outros, os conceptos fundamentais relativos a formación e estabilización de explanadas, que terán unha gran importancia na presente unidade didáctica. En segundo lugar, explícanse os fundamentos do deseño e construción das outras grandes obras de infraestrutura, as obras de drenaxe (UD4). O módulo péchase con esta unidade didáctica, na que se presentan os conceptos fundamentais relacionados cos firmes, que constitúen a superestrutura dunha estrada, e a conservación de vías. Na primeira parte, faise unha descrición dos firmes coas súas principais funcións e características, estúdanse as tipoloxías existentes, e móstranse os factores a considerar no seu deseño. A continuación, para rematar, realízase unha breve introdución á conservación de estradas, facendo fincapé na súa importancia. No segundo módulo da materia estúdase o deseño, construción e conservación doutra tipoloxía de obra lineal, os ferrocarrís. Estas dúas tipoloxías, estradas e ferrocarrís, teñen moitas cousas en común, polo que unha gran cantidade dos contidos traballados no primeiro módulo serán de gran utilidade, senón directamente mediante certas adaptacións, na segunda parte da materia. O alumnado ten a posibilidade de ampliar os coñecementos de firmes e conservación de vías adquiridos nesta unidade didáctica cursando a materia optativa “Firmes e Conservación de Vías” que se imparte no 4º curso da titulación. Ademais de aos alumnos de 2º curso do Grao en Enxeñaría Civil, os contidos presentados nesta unidade didáctica poden serlle de utilidade a outros docentes ou profesionais do sector que desenvolvan a súa actividade no ámbito do deseño, construción ou conservación de estradas.Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüístic

    Carballo Calero, un xove nacionalista. 1926-1936

    Get PDF

    Pensamiento económico y plasmaciones políticas: el proyecto de ley de crédito agrícola de Montero Ríos y Díaz de Rábago (1886)

    Get PDF
    This study remarks the influence of Gallician economist Joaquin Díaz de Rábago in the agricultural credit project of Eugenio Montero Ríos in 1886, one of the most ambitious propositions in the 19th century, and a lost chance to modernise Spanish agriculture. Through analysis of the content in documents, it will prove and demonstrate that the politician's ideas belonged to the author of El Crédito Agrícola (1883)

    From the Idea That 'to Govern Is to Populate' to 'to Educate Is to Argentinize': Migrants and Education in Argentina at the Turn of the Century

    Get PDF
    [Resumo] A poboación que forma a Arxentina finisecular é un aluvión de culturas, linguas e influencias ideolóxicas que a estrutura política do novo Estado pretende uniformar e consolidar baixo un sentimento identitario que necesariamente debe comezar por formarse na escola. O presente traballo detense na tendencia dos diferentes colectivos inmigrantes para manter e preservar as súas señas de identidade no lugar de destino mediante experiencias educativas propias e nas estratexias do propio Estado por crear instrumentos lexislativos que axuden a construír un sentimiento de pertenza, inherente á formación dun nuevo cidadán no novo tempo político poscolonial. En ambas vertentes dunha mesma realidade, a escola desempeña un papel fundamental[Abstract] The population that formed Argentina at the turn of the century was a barrage of cultures, languages and ideological influences which the political structure of the new State aimed to standardize and consolidate under a sense of identity, which was inevitably and necessarily developed in the schools. This article takes a close look at the trends of the different immigrant groups to preserve their characteristics and identities in their countries of destination by means of both their own educational experiences and State strategies to create legislation geared towards building a sense of belonging, fundamental to the education of new citizens in the new post-colonial political era. From both sides of the same situation, schools played a key rol

    Procesos de urbanización na parroquia de Bembrive, Vigo

    Get PDF
    Bembrive é unha parroquia da área periurbana da cidade de Vigo, que dende un pasado eminentemente rural de natureza labrega, foi evolucionando, a través da mudanza das súas actividades económicas e tipoloxías urbanas, até converterse nunha zona residencial de baixa densidade. O contexto xeográfico de Bembrive determina a súa evolución, que se encadra dentro dos procesos de urbanización experimentados na orla periurbana das grandes cidades galegas, en concreto na de Vigo. Historicamente, estes espazos periurbanos foron tratados coma un solo de reserva para a expansión da cidade, sen atender a súa natureza e necesidades. Debido a isto, non existen estudos urbanos pormenorizados que sitúen á parroquia de Bembrive no centro desta problemática. O obxectivo é estudar os procesos urbanísticos vividos na parroquia, dende a metade do século XX, e as ferramentas empregadas polas administracións públicas para a ordenación e o planeamento urbano de Bembrive, permitindo achegarse á natureza e causas dos cambios experimentados, acadando a base necesaria para identificar directrices relevantes en futuras intervencións urbanas. A metodoloxía empregada para a consecución destes obxectivos é o estudo de caso da propia parroquia de Bembrive. Coa análise de cartografías e datos, históricos e actuais, de diversas fontes, trazarase a evolución urbana experimentada até os nosos dias. Posteriormente estudiaranse as ferramentas utilizadas para a ordenación urbana da parroquia, centrándose nos Plans Xerais de Ordenación Municipal do Concello de Vigo; para despois analizar a súa influencia nos procesos urbanísticos de Bembrive. A presente tese de disertación procura así contribuír ao coñecemento máis profundo da natureza urbanística, pasada e presente, de Bembrive e servir de modesta ferramenta para futuras intervencións urbanas sobre a parroquia, concluíndo que é necesario un estudo previo máis profundo para un planeamento urbano axeitado nas zonas periurbanas das grandes cidades.Abstract: Bembrive is a parish in the peri-urban area of the town of Vigo, which has evolved from a mostly agricultural rural background to become a thinly populated residential area, by changing its economic activities and urban typologies. Bembrive's geographical context has determined this evolution, which is taken within the urbanization processes experienced by Galicia's main towns' peri-urban borders, specifically Vigo's. These peri-urban spaces have historically been considered as spare building sites for the town's growth, without dealing with their nature and needs. Due to that, there are no detailed urban studies available which put Bembrive in the centre of this situation. The goal is to study the urban processes that have affected the parish since the middle of the twentieth century, as well as the tools used by the Public Administration in Bembrive's urban development and planning, allowing us to deal with the nature and causes of the changes it has gone through, and giving us the information required to identify relevant directives in future urban interventions. The methodology used to meet these goals has been a case study of Bembrive Parish itself. Analysing cartography and historical and current data from several sources, its urban evolution until today will be followed. Later, the tools used in the urban development in the parish will be studied, focusing on Vigo's Council General Urban Development Plan. After that, its influence on Bembrive’s urban processes will be analysed. This dissertation aims to contribute to a deeper knowledge of Bembrive's past and its present urban nature, and to be useful as a modest tool for future urban inerventions in this parish. As a conclusion,it can be said that a closer previous study is needed in order to perform suitable urban planning in peri-urban areas around big towns

    O papel do sector público empresarial na innovación : a experiencia española no contexto privatizador do periodo 1980-2003

    Get PDF
    O sector público empresarial constituirá o tema central desta tese de doutoramento. Se nos fixamos nas principais empresas españolas, por volume de emprego, facturación, capitalización bursátil, gasto en I+D ou incluso presenza internacional, atopámonos que moitas delas chegaron á posición que ocupan sendo empresas públicas. Nós estamos interesados en analizar o papel xogado polo sector público empresarial na innovación en España, creando e implantando novas actividades, realizando actividades de I+D, facilitando a implantación de infraestrutura tecnolóxica, etc. Asemade, aproximarémonos ás pautas territoriais de localización das empresas públicas dos sectores tecnolóxicos avanzados

    Rehabilitation of the pedestrian promenade and refurbishment of the caravan park located in Lires Beach

    Get PDF
    [Resumen:] La situación del presente proyecto se encuentra en la parroquia de Lires, en el ayuntamiento de Cee, provincia de A Coruña. La zona donde se va a actuar se sitúa en las inmediaciones de la Ría de Lires, que desemboca en la Playa de Nemiña. En la zona de estudio existe un sendero que se prolonga desde el núcleo poblacional hasta un mirador a pie de playa. El estado actual del mismo se encuentra deteriorado por el paso del tiempo, hasta tal punto que presenta riesgos contra la integridad física de los usuarios. Además, la ausencia de un vallado en condiciones da sensación de inseguridad. Es por ello por lo que se plantea realizar un nuevo sendero en el borde litoral con el objetivo de facilitar el tránsito en una de las etapas del “Camiño dos Faros”. Tras un estudio de las diferentes alternativas se decide instalar una pasarela peatonal de madera aserrada conífera con tres tipos de secciones diferenciadas. En el borde del litoral se colocarán barandillas de 1,10 metros de altura del mismo material. En el Documento nº 2 se muestran las distintas secciones y las zonas donde se ejecutará cada una de ellas. Para la ejecución de la nueva pasarela peatonal deberán ejecutarse muros de hormigón para la contención de tierras en el borde de la carretera. En la zona más al Sur de la actuación se cuenta con mayor ancho del terreno a la misma cota. Es por ello que se ejecuta una plataforma sobre la que se apoyará el tablero de la senda. A continuación, se presenta un estrechamiento del terreno situado a la cota de la carretera existente. Para ello se ejecutará una sección tipo B, que consiste en una solución biapoyada muro – pilar. El segundo tipo de sección, descrita en los planos como sección tipo C, se trata de una estructura en voladizo, formado por vigas de sección variable empotradas al muro. Por otro lado, la notable afluencia de turistas que viajan en caravanas en los últimos años hace necesario acondicionar una zona para estos vehículos. Es por ello que se proyecta la ejecución de un aparcamiento dotado de las instalaciones necesarias. Tras un estudio pormenorizado, se ha decidido ejecutarlo en el núcleo poblacional, junto al puente, dotado de 11 plazas, dos de ellas habilitadas para PMR. Se ejecutará un pavimento bituminoso, y se habilitará una zona de servicios para caravanas, con dos fuentes y un punto de vertido de aguas grises y negras. Por último, en el aparcamiento se crearán zonas ajardinada, para mayor comodidad de los usuarios.Traballo fin de grao (UDC.ETSECCP). Enxeñaría de Obras Públicas. Curso 2021/202
    corecore