73 research outputs found

    Unha análise socioeconómica da vulnerabilidade en Galicia: o camiño dende a escola até a inserción laboral

    Get PDF
    A educación constitúe un elemento fundamental para o desenvolvemento e crecemento económico. As condicións socioeconómicas familiares e territoriais poden determinar os resultados educativos e, polo tanto, son fundamentais para abordar o fracaso escolar. O fracaso escolar repercute no potencial capital humano dos países. O obxectivo principal desta tese é analizar a vulnerabilidade socioeconómica en Galicia (rexión periférica cun alto grao de equidade educativa) e o seu efecto sobre o fracaso escolar. A hipótese principal que se plantexa nesta tese é que os programas escolares sectoriais son un instrumento de política pública que permite reducir o risco de vulnerabilidade. Concretamente avalíase o efecto das políticas educativas dirixidas á redución do fracaso escolar e que relación existe co contexto familiar e individual do alumnado. Identifícanse tendencias en perspectiva comparada (análise descritiva), así como factores determinantes do fracaso escolar, tanto a nivel micro (individual) como macro (sistémico). Ademais, analízase como inflúe o nivel de formación na inserción laboral en Galicia e, en particular, as consecuencias da deserción ou do baixo nivel formativo no mercado laboral. Polo tanto, estúdanse os antecedentes da implementación da política, os seus efectos ou avaliación e, por último, as consecuencias no eido laboral. A tese combina unha revisión sistemática da literatura sobre a temática cunha análise empírica baseada en PISA e utiliza a modelización econométrica, tendo como principal novidade as regresións intercuantílicas

    Educación social e escola. Unha análise da última década (2006-2016)

    Get PDF
    Nos tempos que corren póñense cada vez máis en evidencia as carencias e deficiencias do sistema educativo formal que precisa, para a súa superación, a busca de novas vías que fagan da escola un espazo de aprendizaxe, crecemento e desenvolvemento individual e colectivo, efectivo e eficaz. Nesta liña, a incorporación aos centros escolares dos e das profesionais da Educación Social ha de ser un paso relevante que implique unha mellora significativa nas intervencións educativas. En realidade non se trata unicamente de introducir un perfil profesional máis no sistema educativo, senón que o obxectivo é a mellora das decisións que en cada escola se deben adoptar día a día. A partir desta aposta clara, hai un tempo que un grupo de persoas decidimos organizar un congreso que nos proporcionase unha visión global, mesmo internacional, do que estaba acontecendo neste eido na última década, e das accións que poderían encamiñarse, e que posibilitase o establecemento de canles de comunicación, de exposición de experiencias, de reflexión e de aprendizaxe sobre a relación educación social-escola, desde perspectivas e contornos diferentes. Así, finalmente o 30 de setembro e o 1 de outubro de 2016 puido celebrarse na Facultade de Ciencias da Educación de Ourense o I Congreso Internacional (e III Xornadas) de EDUCACIÓN SOCIAL E ESCOLA, por iniciativa do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (CEESG) e o movemento galego de renovación pedagóxica Nova Escola Galega (NEG), que contaron co apoio das tres universidades galegas, a Sociedad Iberoamericana de Pedagogía Social, o Consejo General de Colegios de Educadoras y Educadores Sociales (España), a Associação dos Profissionais Técnicos Superiores de Educação Social (Portugal), a Associação dos Educadores e Educadoras Sociais do Estado de São Paulo (Brasil), e a Deputación Provincial de Ourense, alén doutras colaboracións menores doutras institucións e entidades. Obviamente o congreso non sería posible sen a contribución desinteresada de moitas persoas e colectivos que, desde o papel máis ou menos visible que a cada cal lle correspondeu (comité organizador, comité científico, secretaría técnica, corpo de estudantado voluntariado, etc.), decidiron sumarse ao ilusionante obxectivo de facer do encontro un evento da máxima calidade. Por fortuna, a nosa convocatoria espertou notable interese entre os colectivos afectados, e proba disto foi a recepción de máis de 50 comunicacións de temáticas moi diversas, que remarcaban todas elas a función profesional imprescindible que xa están desenvolvendo as educadoras e educadores sociais no ámbito escolar en numerosas xeografías e, sobre todo, as potencialidades que xorden da colaboración co profesorado e os equipos docentes. Temos que destacar especialmente o amplo perfil profesional das persoas que presentaron comunicacións: profesorado de distintas etapas, educadores e educadoras sociais, equipos interdisciplinares, estudantes e profesorado universitario, etc. No congreso puidemos saber das experiencias que se están a levar a cabo en Galiza e no resto do Estado, e tamén a nivel internacional; fomos coñecedores das realidades coas que se atopan as diferentes entidades, relacionadas cos centros, cos alumnos e alumnas con necesidades educativas especificas de apoio educativo, cos colectivos máis desfavorecidos, é dicir, coas necesidades que ten o sistema educativo galego e do resto do Estado Español. O evento completouse coa realización de diversos obradoiros e a presentación de pósters que incidiron no xeito práctico da colaboración entre os diferentes axentes. En suma, en Ourense déronse cita máis de 100 profesionais que, coa súa presenza e participación nos debates, pretenderon sumar esforzos cara á consecución do obxectivo que os reunía: acadar a plena incorporación da figura da educadora ou educador social ao sistema educativo, como axente indispensable para a mellora da calidade na educación. Precisamente o libro que a lectora ou lector ten nas súas mans é o resultado do devandito congreso, das reflexións que alí se manifestaron, dos materiais presentados e das conclusións ás que naquel espazo se chegou. Este compendio organízase en seis bloques temáticos. En primeiro lugar, un bloque que trata a panorámica da situación na que se encontra a relación educación social-escola a nivel mundial. En segundo lugar, un percorrido pola situación en Galiza, xunto con algunha das experiencias que se están a levar a cabo. No terceiro bloque, a conxuntura da formación inicial para a intervención das e dos educadoras/es sociais no sistema educativo, é dicir, a visión desde a formación das/dos educadores sociais e das/dos mestres na nosa Comunidade Autónoma. Xa en cuarto lugar, as achegas dos diferentes axentes educativos que interveñen na interacción entre a escola e a educación social. Continúase nun quinto apartado coas áreas emerxentes na intervención socioeducativa na escola e nun sexto bloque coas diferentes estratexias para a dinamización das relacións entre a educación social e a escola, onde podemos achegarnos a diferentes experiencias que relacionan ambos mundos. Todas estas achegas e reflexións lévannos á última contribución da obra, tamén unha especie de epílogo do congreso, na que as dúas entidades promotoras realizan unha análise da situación actual e as súas propostas de futuro. Con este libro, en definitiva, CEESG e NEG queremos poñer os relatorios, as intervencións e as comunicacións ofrecidas no congreso libremente a disposición de todas as persoas e institucións interesadas e implicadas en facer e defender un sistema educativo de calidade, que dea resposta ás demandas que se lle formulan e que sexa xerador de oportunidades, crítico, transformador e inclusivo. Pensamos que un dos camiños máis directos para conseguilo non é outro que a colaboración entre a Escola e a Educación SocialDeputación Provincial de Ourens

    Gender and its influence in professional sectors

    Get PDF
    Nesta comunicación imos a reflexionar en torno á temática da “masculinización” de diferentes profesións. Concretamente ímonos centrar no perfil do alumnado que cursa Certificados de Profesionalidade do Plan AFD (Accións formativas dirixidas prioritariamente a persoas desempregadas) do sector da construción e outros sectores afíns, analizando o baixo porcentaxe de alumnado feminino que cursa algunha das diferentes especialidades ofertadas das familias profesionais destes sectores, e dos numerosos obstáculos cos que se atopan as poucas mulleres que apostan por inserirse nestes ámbitos laboraisIn this paper we will reflect on the theme of "masculinization" of different professions. In particular we will focus on the profile of students coursing Professional Certificates AFD Plan (Training actions aimed mainly at unemployed people) in the construction and other related sectors industry, analyzing the low percentage of female pupils enrolled in any of the different specialties offered professional families of these sectors, and of the many obstacles that the few women who are committed to participate in these work environments ar

    A formación do profesorado en educación intercultural. Avaliación e perspectivas de futuro en Galiza

    Get PDF
    Partindo da conveniencia de aproveitar a diversidade cultural aportada pola presenza de alumnado inmigrante nas aulas -un dos retos de futuro máis importantes aos que se enfronta o sistema educativo-, o traballo céntrase na necesidade de formación do profesorado no eido da Educación Intercultural, a partir das opinións dos protagonistas: profesoras e profesores de Educación Infantil e Primaria en Galiza. O documento estrutúrase en dúas partes. Na primeira delas, preséntanse as bases teóricas que proporcionan a fundamentación estratéxica ao posterior estudo empírico, que constitúe a segunda parte. A investigación céntrase na análise dos resultados da aplicación de senllos enquéritos a cadansúa mostras de profesorado e centros educativos de Galiza.Trátase, en síntese, dun estudo dirixido a descubrir o imaxinario e calibrar o compoñente actitudinal do profesorado galego a propósito da teoría e práctica da Educación Intercultural en Galiza

    El fracaso escolar de las enseñanzas medias en Alcorcón 1991-1992

    Get PDF
    Tesis de la Universidad Complutense de Madrid, Facultad de Geografía e Historia, Departamento de Geografía Humana, leída el 09-12-1997Alcorcón es un municipio de la periferia sur de Madrid cuya población procede fundamentalmente de la inmigración rural de los años 60 hasta los 80 en que se estanca, con una ligera recuperación desde 1986, aunque de diferente carácter, pues los nuevos inmigrantes proceden sobre todo de Madrid capital. En 1991 esta población produce una fuerte demanda educativa, especialmente en enseñanzas medias. En este nivel educativo es donde se ha analizado el fracaso escolar a través de los datos oficiales de los centros del MEC y de los cuestionarios realizados en 7 centros que abarcan todo el ámbito educativo de Alcorcón (BUP, FP, Centros Públicos y Privados). En todos los casos este fracaso es inferior al medio del territorio MEC y al de los municipios circundantes, siendo muy similar al existente en Madrid capital. Dicho fracaso es mayoritario en los centros públicos, en formación profesional, en los primeros cursos y en los hombres. Las causas principales del mismo están directamente relacionadas con el nivel sociocultural y económico-profesional de los padres, y salvo excepciones, a menor nivel socioeconómico y menor cualificación profesional mayor fracaso escolar. A ello se unen hechos como la deficiente accesibilidad de los centros públicos, la baja motivación del alumnado hacia el estudio (especialmente en FP), la mayor variedad social de la matrícula de los institutos públicos, el escaso número de horas diarias de estudio de los alumnos, el tamaño de la familia, las relaciones familiares insatisfactorias y las características del uso del tiempo libre.Depto. de GeografíaFac. de Geografía e HistoriaTRUEpu

    Cuestión de igualdade=cuestión de educación

    Get PDF

    Realidad simulada como herramienta de enseñanza-aprendizaje en Criminología

    Get PDF
    El diseño de prácticas docentes de realidad simulada constituye un avance en el proceso de enseñanza-aprendizaje en el alumnado de Criminología. Mediante este tipo de actividades, los estudiantes desarrollan las competencias académicas y profesionales adquiridas durante su formación, recreando contextos y situaciones reales en un entorno de aprendizaje. El objetivo de este trabajo es evaluar las competencias adquiridas por el alumnado de último curso del Grado en Criminología, tras la implementación de una práctica de realidad simulada basada en la recreación de un Juicio donde el alumnado deberá poner en práctica los conocimientos y técnicas de evaluación criminológica aplicados al ámbito de la Justicia Penal. Se describen los resultados de aprendizaje y la satisfacción del alumnado con la incorporación de esta experiencia piloto mediante el análisis de respuestas de un cuestionario informatizado ad hoc
    corecore