Patróns orzamentarios das comunidades autónomas e a súa evolución no período 2007-2010: especial referencia a Galicia

Abstract

Este estudo analiza os cambios experimentados na política de gasto da Comunidade Autónoma de Galicia como consecuencia da crise económica. Para iso, realízase unha comparación temporal do gasto orzamentario autonómico dos anos 2007 –ano que marca a fin da etapa de expansión– e 2010 –ano marcado polo signo da recesión económica– efectuándose, así mesmo, unha comparativa co resto das comunidades autónomas (CC.AA.). O artigo mostra que, a pesar de existir unha estrutura orzamentaria básica que permite explicar unha gran parte do gasto das autonomías, existen diferenzas nas súas políticas de gasto derivadas das distintas competencias asumidas por cada comunidade autónoma, así como dos seus recursos dispoñibles. A utilización de técnicas estatísticas factoriais consegue, en primeiro lugar, identificar diferenzas nas pautas orzamentarias de gasto autonómico e os patróns comúns; en segundo lugar, determinar os cambios experimentados neses patróns de gasto como consecuencia da crise económica; e por último, segmentar o conxunto de CC.AA. atendendo ás súas políticas de gasto

Similar works

Full text

thumbnail-image

rev{USC}: Portal dixital de revistas da USC (Universidade de Santiago de Compostela)

Full text is not available
oaioai:ojs.pkp.sfu.ca:art...Last time updated on 5/12/2020

Having an issue?

Is data on this page outdated, violates copyrights or anything else? Report the problem now and we will take corresponding actions after reviewing your request.