Location of Repository

'Néveda' en contexto : muller e libro rexional na España

By Kirsty Hooper and HASH(0x55dd9a0590a8)

Abstract

Visto que o título desta ponencia é ‘Néveda en contexto,’ non se trata dunha análise de Néveda, aquela Historia dunha dobre seducción publicada pola escritora Francisca Herrera Garrido en 1920. Non se trata dunha lectura novidosa desta interesante novela. Para ser máis precisa, case non se trata en ningún momento da novela en si. O que si se trata é do seu contexto, ou sexa, da súa posición dentro da evolución das historias literarias nacionais de Galicia e de España. Parto do seguinte paradoxo: Néveda é a primeira narración extensa en lingua galega escrita por unha muller. Tra-los prólogos a Cantares gallegos e Follas novas e aquel conto póstumo rosaliano, é cáseque o primeiro texto en prosa e en lingua galega da autoría dunha muller. Por esta razón, ó empeza-las miñas pesquisas e lecturas sobre literatura galega e ibérica finisecular, agardaba atopar moita información sobre esta novela. Agardaba atopar lecturas e críticas dunha obra que debe ser considerada emblemática polo que nos ofrece: unha intervención feminina no espacio público das letras galegas, nunha época na que segundo Carmen Blanco, só dúas mulleres chegaron a falar en reunións públicas galeguistas (Blanco 1992: 322). Pero non atopei nada diso. De feito, atopei que esta novela e a súa autora están cáseque ausentes das grandes historias da literatura galega

Publisher: Sada
Year: 2007
OAI identifier: oai:wrap.warwick.ac.uk:53619
Sorry, our data provider has not provided any external links therefor we are unable to provide a PDF.

Suggested articles


To submit an update or takedown request for this paper, please submit an Update/Correction/Removal Request.