research

As denominacións dos dedos da man: un estudio motivacional

Abstract

Unha ollada ós cuestionarios do Atlas Lingüístico Galego revela a gran complexidade á hora de denominar as partes "menores" ou "subpartes" que compoñen as divisións principais do corpo humano. Así, por exemplo, fronte á escasa diverxencia de formas empregadas para denominar as 'mans' en todo o territorio galego, e mesmo os 'dedos', termo xenérico que designa as cinco subpartes que compoñen cada unha das nosas mans, existen serias dificultades á hora de establecer unha forma xenérica de uso común coa que denominar cada un deses cinco dedos de forma individual. A ampla variedade de formas recollidas en distintos puntos do territorio galego, todas elas tan distintas desde o punto de vista formal, espertou o noso interese por intentar descubrir a procedencia de toda esa variedade que, a fin de contas, se traduce nunha gran riqueza dialectal. E isto levounos a centrar a descrición e a análise destas formas na teoría da motivación

Similar works

Full text

thumbnail-image

Repositorio Institucional da Universidade de Santiago de Compostela

Provided a free PDF
oai:minerva.usc.es:10347/9776Last time updated on 11/17/2016

Having an issue?

Is data on this page outdated, violates copyrights or anything else? Report the problem now and we will take corresponding actions after reviewing your request.